15 marzo 2024

Punto Laranxa


O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso non centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. 

Hoxe, Lucía, a nosa orientadora, achegouse á aula de quinto para explicarnos o seu funcionamento a través dunha curtometraxe e coa axuda do seu inseparable amigo "Potato".


 

 




Así entendemos o que debemos facer: 

 1. Escribor de maneira anónima a nosa mensaxe nun lugar onde nos sintamos seguros/as.

 2. Localizar o Punto Laranxa do centro.

 3. Depositar na caixa do Punto Laranxa a mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar). 


08 marzo 2024

DÍA DA MULLER

 


Para conmemorar o día de hoxe, a aula de quinto recibiu unha visita especial da man de CRUZ VERMELLA. 

Puidemos comprender, no marco do noso proxecto anual, a migración dende diversas perspectivas, e sobre todo, dende a visión dunha muller que fixo fronte a deixar o seu país atrás (Venezuela) en busca dunha mellor vida.

Aprendemos sobre o que implica dende un punto de vista emocional, laboral, realista... todo o que supón a chegada a un país diferente, as formas de adaptarse a unha nova cultura, os pros e os contras...

Unha sesión chea de realidade e con moitas aprendizaxes para a vida. 







07 marzo 2024

ACROSPORT TEI

Hoxe tocou sesión de cohesión TEI. 

Unha das máis divertidas ata o momento. 

Xunto cos nosos titorizados compartimos figuras de acrosport, unha disciplina deportiva que nos permite crear, combinando os nosos corpos, figuras diversas. No noso caso, estivemos a formar letras, palabras...

Un tempo de moitas risas, aprendizaxes e sobre todo COHESIÓN. 








Máis fotos facendo clic sobre a cámara. 

06 marzo 2024

CHEGADA DE CORREO

 


Hoxe foi un día moi especial.

Despois dunha longa espera (dende a perspectiva das ganas que tiñan), hoxe, por fin... recibimos CARTAS do CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ (CAMBRE)



Foi un momento único. Todos e todas estaban desexosos de ter as súas cartas nas mans.

Cada liña lida era un novo sorriso, un xesto cómplice, unha sorpresa... o que coñecemos como... 



Aprender a través de compartir experiencias é un algo indescriptible. Continuaremos a aventura no terceiro trimestre. 

GRAZAS CEIP WENCESLAO, por unirvos a nós neste mundo da educación, GRAZAS Fran e Alexandra pola vosa implicación e MIL GRAZAS nenos e nenas de 5º A e B polo voso agarimo e entusiasmo.

Estamos a forxar novas amizades. 







05 marzo 2024

Todos e todas CONTAMOS

 

«Todas e todos contamos», unha proposta inclusiva de Afundación para o público escolar

Hoxe, a nosa aula participou desta proposta a través dunha actividade de globoflexia. 

Esforzo, empatía, aceptación da diversidade, reforzo da autoestima e respecto son algunhas das ensinanzas presentes nesta xornada, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante a que poder mellorar a sensibilidade afectiva e emocional dos nosos cativos e cativas, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións persoais.

Sen dúbida un acerto. Ollade as fotos. 

Traballo en equipo

Aprendendo dos profesionais

Compartido respeto

Disfrutando do traballo ben feito 


Para máis fotos, facede clic sobre a nosa "instax"

01 marzo 2024

Aprendendo con MBOT

 

Sesión de robótica na nosa aula.

 Hoxe visitounos este simpático robot, chamado MBOT. 

Viña cunha misión clara: 

1.Desmontaxe para coñecer todos os compoñentes e as súas funcións.

2.  Novo montaxe para comprender a estructura que leva a este aparello a realizar as accións para as que está deseñado. 

3. Probando, probando.

Traballo en equipo

Concentración

Interese e motivación

Axuda e cooperación

Estudo

Misión cumplida. Funciona.


28 febrero 2024

Presentación USC (Breixo)

 



Continuamos coas exposición libres e voluntarias  do alumnado.

Están a compartir interesantes investigacións e amosando un dominio das

 técnicas de búsqueda de información e ferramentas tecnolóxicas

 traballadas na aula.

Hoxe, Breixo,  achegounos a USC, a súa historia, facultades, persoas 

que estudaron nela... e contounos diversas curiosidades que

 descoñecíamos.